RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor Fernández apunta que o Eibar é ''un rival de máxima esixencia''

Víctor Fernández manifestó esta tarde na rolda de prensa previa ao partido que o encontro de mañana venres (20.45 horas) en Riazor ante o Eibar "é un partido moi moi importante porque é o momento adecuado. O equipo chega c

Cre ademais que, polo feito de xogar en Riazor "non se non pode escapar o triunfo. Temos que perseguilo ata alcanzalo".

Insiste Víctor en que o Deportivo "está preparado para responder mellor ante as dificultades. Xogamos no noso campo e esa é a clave. É onde temos que facernos fortes e os puntos teñen unha transcendencia maior".

Ante o Eibar, advirte o adestrador deportivista que "necesitaremos tamén a mellor versión da nosa afección. Son partidos nos que un ten que dar ese empuxón definitivo".

Ademais, apunta que "non fixemos nada para estar eufóricos. Outra cousa é que cada día esteamos máis seguros do que facemos, máis convencidos do noso traballo, máis convencidos das nosas posibilidades pero ben afastado do que é a euforia".

Do conxunto armeiro, destaca que "foi campión da Segunda División, con fartura, con moita solvencia. Logrou conservar e manter unha base no equipo titular ampla de oito ou nove xogadores. Hai un coñecemento importante. Está nun nivel de confianza absoluta porque arrincou moi ben a tempada. Ten suficientes puntos para xogar con máis tranquilidade que o resto dos equipos. Por ese motivo estamos moito máis obrigados que o Eibar a dar nosa mellor versión e gañar o partido".