RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso: "Estamos a representar ao Deportivo e necesitamos competir ao noso mellor nivel"

Fran Alonso manifestou na sala de prensa que a semana foi "a máis feliz porque conseguimos o obxectivo". 

Cre que o partido ante o Sevilla FC foi "moi bonito para todas nós, para #ANOSAFORZA... foi espectacular".

Despois de "un par de días de relaxación", o técnico advirte que "unha parte do meu traballo é que non se relaxen. Aínda nos queda un partido, estamos a representar ao Deportivo e necesitamos competir ao noso mellor nivel".

Así pois, conclúe que "temos un partido pendente (este domingo 18 de maio ás 12:00 no Estadio Fernando Torres ante o Madrid CFF), e temos que tentar facer un bo partido, puntuar e escalar un pouco na táboa".