RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fran Alonso: "Estamos a representar ao Deportivo e necesitamos competir ao noso mellor nivel"

DÉPOR ABANCA · 16 MAIO 2025

FRAN ALONSO: "ESTAMOS A REPRESENTAR AO DEPORTIVO E NECESITAMOS COMPETIR AO NOSO MELLOR NIVEL"

Fran Alonso manifestou na sala de prensa que a semana foi "a máis feliz porque conseguimos o obxectivo".Cre que o partido ante o Sevilla FC foi "moi bonito para todas nós, para #ANOSAFORZA... foi espectacular".Despois de "un par de días de relaxación", o técnico advirte que "unha parte do meu traballo é que non se relaxen. Aínda nos queda un partido, estamos a representar ao Deportivo e necesitamos competir ao noso mellor nivel".Así pois, conclúe que "temos un partido pendente (este domingo 18 de maio ás 12:00 no Estadio Fernando Torres ante o Madrid CFF), e temos que tentar facer un bo partido, puntuar e escalar un pouco na táboa".