RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor Fernández prefería en Copa ''un rival de inferior categoría e sobre todo máis próximo''

Víctor Fernández, técnico do Deportivo, valoró esta mañana o sorteo de dezaseisavos de final da Copa do Rei, co Málaga como rival.

Así, o adestrador deportivista opina que "nos podía tocar un rival máis próximo en distancia quilométrica e ser un rival doutra categoría. Pero bo, tocounos un 'primeira' que é o Málaga e afrontarémolo con profesionalidade, con intención de pasar a eliminatoria. Gustoume un rival inferior e sobre todo un rival máis próximo. Dixéronme tamén que o partido de Liga coincide na mesma semana que o partido de Copa, pois xa é unha putada. Pero hai que aceptalo".

Subliña non obstante que "todas as competicións hai que afrontalas con rigor, con profesionalidade, respectando a historia deste Club, que sempre fixo boas competicións na Copa. Pero é unha competición que queda moi regulada polo estado físico dalgúns xogadores, pola cantidade de partidos que levas acumulados, por como che atopas na clasificación. É evidente que hai que priorizar a liga, que é o noso obxectivo principal. A Copa é moi interesante cando chegas á final ou cando no camiño enfróntasche a un grande que che permita ter un beneficio económico polos despachos de billetes ou televisión. Se non se dan estas condicións, tal e como está configurada xa non é tan interesante para os equipos modestos".