RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: ''o Dépor compite e en liñas xerais estamos moi contentos coa imaxe do equipo''

  Víctor Sánchez do Amo manifestó esta mañana na sala de prensa de Abegondo que o Dépor afronta o encontro de mañana sábado en Gijón ante o Sporting (22.05, Teledeporte), "coa mesma i

O técnico deportivista analiza as dúas últimas saídas ligueiras do Deportivo: "Valoramos moi boa a imaxe do equipo no Bernabéu, competindo. A análise dese partido sacamos moitas conclusións boas. O partido da Real Sociedade foi ao revés. Sabiamos que ía ser dificilísimo contra un equipo moi físico, que tamén viña dunha boa serie. O equipo foi capaz de competir, de saber sufrir. A nivel defensivo deuse un nivel moi alto e iso permitiunos conseguir o punto. Non foi o noso mellor partido a nivel ofensivo pero tamén xeramos ocasións mesmo para pornos con dous goles de vantaxe".

Por todo iso, Víctor asegura que o Deportivo "compite e en liñas xerais estamos moi contentos coa imaxe. É moi regular, moi positiva, loxicamente cos altibaixos que teñen todos os equipos e aos que non podemos escapar".
 
 
Pola súa banda, Juanfran recoñece que o equipo pasou "un mes de xaneiro complicado para as vitorias. Fixemos bos partidos,  merecemos máis, pero no fútbol ao final o que vale é o acerto e meter un gol máis que o rival. Non o conseguimos, e a seguir traballando para que cheguen".
 
Do Sporting, di o carrilero deportivista que é "moi intenso. Son xente nova que ten moita ilusión. É un partido moi importante para nós porque gañar sería un paso grandísimo".
 
Opina Juanfran que, a pesar de que non houbo triunfo no 2016 aínda, "están a facerse as cousas ben. Entón non entran dúbidas. Se fosen tres partidos como a Real Sociedade entón si deberiamos estar máis preocupados. Creo que o equipo está a facer todo o necesario para gañar. O único que nos falta é matar os partidos, ou saber pechalos como o día da Valencia".