RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Xornada reducida en #ANOSACANTEIRA debido ao parón ligueiro en xuvenís, cadetes e infantís

Xornada reducida esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA, a consecuencia do parón en categoría xuvenil, cadete e infantil polos compromisos das seleccións galegas.

Así pois, só teñen competición esta semana o Fabril, Deportivo ABANCA B, Infantil B, os dous equipos alevíns e os dous benxamíns.

De todos eles, só xogará en Abegondo o filial deportivista, que recibe o sábado 23 (16:30) ao CD Guijuelo.

Os socios teñen libre acceso ao encontro. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Por conseguinte, compiten lonxe da Cidade Deportiva o Deportivo ABANCA B (o domingo en Mos) e Infantil B (o sábado na Coruña ante o CD Ciudad Jardín). Alevíns e benxamíns disputarán os seus encontros na Torre.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
26ª xornada: FABRIL - CD GUIJUELO, o sábado 23 de febreiro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación: ... 14. CF Salmantino e Las Palmas Atlético, 29 puntos; 16. AD Unión Adarve e Burgos CF, 26 puntos; 18. CDA Navalcarnero e Rápido de Bouzas, 21 puntos; 20. Fabril, 18 puntos

Categoría feminina
21ª xornada: UD MOS - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 24 de febreiro ás 12:30 nas Baloutas (Mos)
Clasificación: 1. Deportivo ABANCA B, 56 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 52 puntos...

Categoría xuvenil
Clasificación da División de Honra: ... 4. CD Lugo e Ural CF, 41 puntos; 6. Real Oviedo, 39 puntos; 7. Xuvenil A, 38 puntos; 8. Bansander, 33 puntos...

Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria CF, 45 puntos; 4. Xuvenil B, 42 puntos; 5. CD Conxo Santiago, 40 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 63 puntos; 2. Cadete A (un partido menos), 56 puntos; 3. Ural CF, 48 puntos...

Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 3. Racing Villalbés, 43 puntos; 4. Cadete B, 41 puntos; 5. CF Dumbría, 39 puntos; 6. CD Calasanz B, 38 puntos...

Categoría infantil
Clasificación da Liga Galega, Fase polo Título: 1. Infantil A, 18 puntos; 2. Bertamiráns FC e Ourense CF, 14 puntos...

26ª xornada: CD CIUDAD JARDÍN - INFANTIL B, o sábado 23 de febreiro ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 1)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 72 puntos; 2. Ural CF B, 65 puntos...

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 3ª xornada: URAL CF - ALEVÍN A, o domingo 24 de febreiro ás 19:00 na Torre (campo 3)

Segunda Fase da Segunda Comarcal, 3ª xornada: ALEVÍN B - VICTORIA CF C, o sábado 23 de febreiro ás 11:30 na Torre (campo 2.2)

Categoría benxamín
14ª xornada: URAL CF A - BENXAMÍN A, o sábado 23 de febreiro ás 12:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira Comarcal: 1. Benxamín A, 35 puntos; 2. CD Calasanz A, 31 puntos...

Segunda Fase grupo 1º A Coruña, 3ª xornada: BENXAMÍN B - URAL CF C, o sábado 23 de febreiro ás 9:30 na Torre (campo 1.2)