RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Xusto triunfo do Fabril ante o Rápido de Bouzas

O Fabril logrou un xusto triunfo (2-1) ante o Rápido de Bouzas en Abegondo, en partido correspondente á 9ª xornada en Terceira División.

Os goles de Villares e Pedro, este último na recta final, selaron unha vitoria máis que merecida para os pupilos de Luisito, por fútbol e ocasións.

Con este resultado, o Fabril suma 15 puntos e é 6ª na táboa.

Fabril: Boian, Valín, Martí Vilà, Bourdal, Mujaid, Kanouté, Gandoy, Javi Sánchez, Aarón, Mario Losada e Villares. Tamén xogaron: Pedro, Manu Mosquera e Iago Novo.

A próxima fin de semana, a Fabril visita ao Polvorín FC.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3
Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón -2- e Pedro)
Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1
Fabril 2 (Villares e Pedro) - Rápido de Bouzas 1