RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

XVI Torneo RC Deportivo: todos os resultados da xornada

O Torneo Real Club Deportivo púxose en marcha ás 09:00 horas de hoxe por décimo sexto ano consecutivo, coa firme intención de converterse unha vez máis na gran festa do fútbol galego. O evento mantén o formato de edicións anteriores, coa participación de case 3.000 xogadores.

Os partidos estenderanse até as 20:40, hora de inicio da final Benxamín, ao longo e ancho dos 16 terreos de xogo en que se dividen os campos de herba natural da Cidade Deportiva de Abegondo. Espérase que polas instalacións do RC Deportivo pasen unhas 10.000 persoas, que ademais de gozar dunha inesquecible xornada de fútbol terán á súa disposición unha ampla área de recreo e restauración, que ocupará boa parte do terreo de xogo de herba artificial.

Aquí poden descargarse todos os horarios e resultados dos partidos disputados durante o día:

HORARIOS E RESULTADOS CATEGORÍA PREBENJAMÍN XVI TORNEO RC DEPORTIVO 

HORARIOS E RESULTADOS CATEGORÍA BENXAMÍN XVI TORNEO RC DEPORTIVO