RCD / NOVAS

Yvan Castillo únese ao corpo técnico do Dépor '18-'19 como adestrador de porteiros

28/06/2018 18:00

Yvan Castillo Sentí incorpórase ao corpo técnico dirixido por Natxo González como adestrador de porteiros.

Procedende do Reus Deportiu, foi o responsable da área de Porteiros na etapa de rendemento do club tarraconense desde o ano 2014, ademais do técnico de gardametas do primeiro equipo.

Antes desenvolvera toda a súa carreira en terras catalás tanto no Lleida Esportiu como nas escolas do FC Barcelona en Lleida e Reus. Tamén traballou para o RCD Espanyol de Barcelona.