RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

19 futbolistas convocados para recibir mañá domingo ao Granada

  Víctor Sánchez do Amo citó a 19 futbolistas para recibir mañana domingo en Riazor (18.15, Canle+ Liga / Abono Fútbol) ao Granada. Cae da convocatoria respecto ao encontro do pasado sábado ante o Espanyo

A sesión desta mañá arrincou, como é habitual, con charla e vídeo nunha das salas da cidade deportiva. Xa sobre o céspede, e tras un quecemento dirixido polos preparadores físicos Nacho Oria e José Ángel Franganillo, Víctor incidiu na tarefa de fútbol, cun partido en espazo reducido no campo 2, baixo unha intensa choiva convertida por momentos en sarabia.

Adestráronse á marxe do grupo os 'tocados': Fabricio, Sidnei e Juan Domínguez; todos eles no ximnasio e cos fisioterapeutas.Os xogadores convocados adestraranse mañá en Riazor, a porta pechada, a partir das 11.30 horas.
 
Tras o choque ante o conxunto andaluz, todo o persoal está citada de novo en Abegondo o luns 29 de febreiro ás 10.30.