RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Concello de Poio distingue a Tere Abelleira como 'Mellor Deportista Feminina' de 2017

Tere Abelleira pecha un gran ano sendo profeta na súa terra. O concello pontevedrés de Poio acaba de distinguir á capitá do Deportivo Abanca como Mellor Deportista Feminina, no marco dos Premios ao Deporte San Xoán 2017.

Desta forma, a atacante deportivista culmina unha gran temporada na que quedou moi preto de disputar a Fase de Ascenso co Dépor Abanca. Ademais, coa Selección Española Sub-17, logrou o subcampionato de Europa da categoría.

Premiadas do Deportivo Abanca na Gala do Fútbol Feminino Galego

O Deportivo Abanca será o gran protagonista da quinta Gala do Fútbol Feminino Galego, que se celebrará o vindeiro domingo 25 de xuño no Auditorio Municipal de Cambados (Pontevedra), organizada polo medio de comunicación Revista do Fútbol Feminino Galego.

O conxunto branquiazul, que pelexou practicamente ata a última xornada por ser campión de liga do grupo 1º de Segunda División Nacional, acapara boa parte das distincións, que son as seguintes para a temporada finalizada:

-Mellor equipo: Deportivo Abanca
-Mellor lateral dereita: Cristina Martínez 'Cris'
-Mellor mediocentro: Tere Abelleira
-Mellor mediocentro esquerda: María Corral
-Mellor interior esquerda: Nuria Rábano
-Pichichi de Segunda División: Estefanía Pabst

Así mesmo, varias xogadoras e técnicos do Deportivo Abanca están nomeados aos seguintes premios, cuxos gañadores se coñecerán no transcurso da Gala:

-Mellor xogadora galega: Cris, Tere Abelleira, María Corral e Nuria Rábano
-Mellor xogadora promesa: Raquel Béjar, Tere Abelleira, María Corral e Nuria Rábano
-Mellor gol da temporada: María Corral e Nuria Rábano
-Mellor técnico: Manu Sánchez