RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un Deportivo ABANCA fiable non deixa marxe á sorpresa en Santiago

Fiabilidade por milleiros é a que exhibe o Deportivo ABANCA en cada partido, sexa de liga, como o de hoxe domingo, Copa ou amigable. E dá igual o rival que teñan enfronte, mesmo de superior categoría, como o Athletic Club da liga Iberdola na última edición do Trofeo Teresa Herrera.

Esta mañá no Municipal do Sergas en Santiago, aínda sen facer o seu mellor partido, non pasou apuros para dobregar (0-4) ao Victoria FC, con goles de Alba Merino, Gaby e Peke -2-. O choque corresponde á 10ª xornada no grupo 1º da Segunda División Nacional.

Todas as oportunidades de gol do partido foron branquiazuis, por exemplo os disparos ao pau de Gaby e Michelle Romero.

Ademais, a canteirá Patri López disputou o seu segundo partido co primeiro equipo. Unha boa noticia para Manu Sánchez.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA suma 28 puntos e continúa á fronte da clasificación.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Erika, Miriam, Mérida, Iris, Teresa, Lía, Alba Merino, Michelle Romero e Gaby. Tamén xogaron: Peke, Kika, Ali e Patri López.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA mídese ao Sárdoma CF, pechacancelas da categoría.

A temporada transcorre así para o equipo que prepara Manu Sánchez:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - PM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Érika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -5-, Alba Merino e Érika) - Gijón FF 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA 5 (Michelle Romero, Ali, Nuria Rábano -2- e Peke)
Deportivo ABANCA 8 (Ali Muñoz -2-, Kika -2-, Gaby, Alba Merino, Erika e Yamamoto) - CD Oceja 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Alba Merino, Gaby e Peke -2-)