RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un Cadete A fiable en Abegondo amarra o triunfo ante o Coruxo

O Cadete A segue moi fiable en Abegondo e, a pesar de contar coas baixas dos internacionais Trilli e Hugo Novoa, tombou a un Coruxo FC (3-1) que se puxo por diante no marcador cun tanto aos 10 minutos de xogo.

Os branquiazuis déronlle a volta ao partido con tantos de Padín, Mario e Noel ante un rival que ademais xogou en inferioridade numérica por expulsión de até 3 futbolistas nos minutos 57 e 77.

Co resultado deste encontro correspondente á 19ª xornada, o Cadete A suma 50 puntos e segue á caza do líder, o RC Celta, que suma 51.

Cadete A: Adrián, Mauro, Carracedo, Chucas, Antón, Noel, Padín, Braojos, Hugo Suárez, Axel e Mario. Tamén xogaron: Nils, Jairo, e Abele.

A próxima fin de semana, o Cadete A visita ao CD Lugo.

A liga marcha así para o equipo que dirixe Juan Villamisar:

Cadete A 1 (Dani Barcia) - Ural 0
Coruxo 1 - Cadete A 2 (Yago e Axel)
Cadete A 4 (Axel, Padín, Hugo e un futbolista rival en propia meta) - Lugo A 0
Ourense CF 0 - Cadete A 3 (Noel -2- e Axel)
Cadete A 2 (Padín e Jairo) - Celta 1
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete A 6 (Hugo -3-, Nils, Padín e Axel)
Cadete A 5 (Nils -3- e Padín -2-) - Racing de Ferrol 0
Victoria CF 0 - Cadete A 1 (Padín)
ED Val Miñor Nigrán 3 - Cadete A 3 (Noel, Padín e Jairo)
Cadete A 1 (Dani Barcia) - CD Calasanz 3
San Tirso SD A 0 - Cadete A 3 (Jairo e Padín -2-)
Cadete A 5 (Iago, Nils, Noel -2- e un futbolista rival en propia meta) - Pontevedra CF 1
CD Areosa 1 - Cadete A 1 (Axel)
Cadete A 6 (Braojos, Novoa, Hugo Suárez, Padín -2- e Nils) - Bergantiños CF 0
UD Santa Mariña 0 - Cadete A 7 (Dani Barcia, Nils, Noel, Padín, Hugo Suárez -2- e Abele)
Cadete A 4 (Trilli, Hugo Suárez -2- e Axel) - CD Conxo Santiago 0
Pabellón Ourense CF 1 - Cadete A 3 (Mauro, Hugo Suárez e Padín)
Ural CF 1 - Cadete A 2 (Novoa e Noel)
Cadete A 3 (Padín, Mario e Noel) - Coruxo FC 1