RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A 110 socios dos 26.000

Ao peche da Oficina de Atención ao Deportivista hoxe martes, o Dépor conta con 25.890 socios. Atópase, por tanto, a 110 de alcanzar o primeiro dos dous fitos da campaña de abonos de inverno, superar os 26.000 abonados. 110, unha cifra especial neste 2016 que está a piques de concluír e no que o Real Club Deportivo cumpre outros tantos anos de historia. O segundo desafío será exceder os 26.149 socios cos que se pechou a Temporada 2015/2016.

Para logralo, desde o pasado 20 de decembro os abonos do Real Club Deportivo actualizaron os seus prezos para gozar de todos os partidos de 2017 (ata o 30 de xuño) en Riazor. Coas visitas aínda pendentes do Celta, Barça, Real Madrid e Atlético, ademais do resto de encontros da segunda volta e a Copa do Rey incluída, pódese conseguir un abono do Deportivo desde 150 e ata 430 euros.

Ademais, en caso de sub-25, ADN Branquiazul, e outros carnés bonificados (estudantes, peñas, familias, discapacitados ou maiores de 65) os prezos fluctúan entre os 75 e os 345 euros. Unha gran oportunidade de gozar do mellor fútbol en Riazor aos mellores prezos.

Os abonos poden comprarse na Oficina de Atención ao Deportivista de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 h. de luns a venres: