O técnico da AEK de Atenas, Dusan Bajevic, convocou a dezaoito xogadores para o quinto encontro da primeira fase de UEFA Champions League. O grupo, que xa está na cidade herculina para o partido do martes (Riazor, 20:45 horas, Canle Plus), está integrado
A clasificación do grupo C está encabezada polo Mónaco, con 9 puntos. Séguelle o Deportivo, con 7, e o PSV con 6. Pecha a táboa a AEK con 1 punto logrado tras o empate co Deportivo en Atenas.
Esta tarde o conxunto grego traballou en Riazor, onde o seu técnico ofreceu unha rolda de prensa.