A alcaldesa e o concelleiro de deportes reciben en María Pita ao Consello de Administración
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro de deportes Juan Ignacio Borrego, recibiron esta mañá no Palacio Municipal de María Pita ao novo consello de administración do Real Club Deportivo encabezado polo presidente Fernando Vidal. Acompañando ao máximo mandatario branquiazul estiveron todos os membros do equipo de goberno, excepto Argimiro Vázquez Guillén.
O breve encontro, de vinte minutos de duración, foi unha primeira toma de contacto institucional e a presentación de todo o consello ante os representantes do goberno coruñés.