RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A campaña de abonos 2022-2023 péchase o venres, data límite para renovacións e novas altas

O vindeiro venres 26 ás 19:00 h., véspera do último partido da liga regular para o RC Deportivo, ponse punto final á campaña de abonos 2022-2023. Até ese día será posible renovar o abono da temporada 2022-2023 mantendo a antigüidade no carné, previo pago da cota de toda a temporada, ou tamén darse de alta como nova persoa socia do RC Deportivo, podendo utilizarse o carné para os partidos de playoff tanto do RC Deportivo (excepto Soci@ Amig@ e Nen@ Dépor) como do Dépor ABANCA.

A posibilidade de novas altas con asento só é presencial na Oficina de Atención ao Deportivismo no seu horario habitual de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. mentres que online pódense realizar as seguintes xestións nas seguintes ligazóns: renovacións de abonos, alta Soci@ Amig@, alta abono Nen@ Dépor, alta/renovación Mascota Deportivista.