RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A Candidatura Ibérica ten moitas posibilidades de resultar elixida

FIFA conclúe a inspección asegurando que o seu informe será moi favorable “A Candidatura Ibérica ten moitas posibilidades de resultar elixida para organizar a Copa do Mundo de fútbol 2018/2002 e o noso informe vai ser moi

A visita de inspección da FIFA a España e Portugal concluíu na xornada de traballo deste xoves; o grupo de evaluadores estivo en Lisboa. Como conclusión ao catro días que estiveron en España e Portugal, os inspectores da FIFA agradeceron a colaboración que tiveron dos responsables da Candidatura Ibérica para cumprir co obxectivo proposto: ver “in situ” e coñecer aquelas infraestruturas e estadios que se propuxeron para a organización do Mundial 2018/2022 e poder elaborar o seu informe.

Mostraron a súa satisfacción por ver que a resposta dos gobernos, tanto español como portugués, á iniciativa de organizar o Mundial é unánime. Hai unha gran cooperación entre eles. “Estamos seguros que a necesaria coordinación a nivel de Estado, ante a eventualidade de que a Copa do Mundo veña á Península Ibérica, está absolutamente asegurada”, afirmou Mayne-Nicolls. Subliñou a importancia de que non haxa problemas cos visados para estranxeiros e a cooperación entre ambos os países en materia de seguridade.

Os inspectores levan tamén unha boa impresión sobre as infraestruturas e medios de transporte, aeroportos e hoteis que viron. Destacaron o traslado que se realizou desde Madrid a Barcelona no tren de alta velocidade: “Satisfíxonos plenamente, tanto pola súa seguridade como pola comodidade e principalmente a puntualidade”, asegurou; igualmente, destacou a excelencia dos estadios percorridos, “escenarios ideais para millóns de deportistas que seguen en forma permanente o fútbol”.

Máis información en www.candidaturaiberica.com.