O Infantil A participa esta fin de semana na Cerdanyola Cup 2018, 4º Memorial Marc Badia de fútbol 11, que se xoga nas instalacións de Bòbila e Pinetons de Cerdanyola del Vallès (Barcelona).
O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, coa UE Sants, Cerdanyola C e Levante UD.
O calendario de partidos do Infantil A é o seguinte:
Sábado 9 de xuño 14:30: INFANTIL A - UE SANTS (campo de Pinetons) 16:15: CERDANYOLA C - INFANTIL A (campo de Bòbila) 18:00: INFANTIL A - LEVANTE UD (campo de Bòbila)
Os tres primeiros clasificados acceden a oitavos de final, que, baixo o sistema de eliminatoria, arrancan o domingo a partir das 10:05 horas.
O Alevín A regresa de LaLiga Promises ao Torneo Concello de Carballo
O Alevín A, tralo seu brillante paso por LaLiga Promises a pasada fin de semana, regresa á competición este sábado 9 de xuño coa disputa da 14ª edición do Trofeo Concello de Carballo de fútbol 7, organizado polo Club Escolas Calvo no campo das Eiroas.
O torneo xogarase baixo o sistema de liga todos contra todos. Os 4 primeiros clasificados pasan ás semifinais, das que sairán os dous finalistas aspirantes ao título.
Comparten cartel co conxunto deportivista os seguintes equipos: Sporting de Gijón, Selección Costa da Morte, Celta, Oviedo, Calasanz, AFA Angola, Luis Calvo e Real Sociedad.
O calendario do Alevín A que prepara Roberto Veres é o seguinte:
Sábado 9 de xuño Primeira Fase 9:45: AFA ANGOLA - ALEVÍN A (campo 2) 11:30: ALEVÍN A - SPORTING DE GIJÓN (campo 1) 12:40: CALASANZ - ALEVÍN A (campo 1) 17:40: ALEVÍN A - OVIEDO (campo 1) 19:25: REAL SOCIEDAD - ALEVÍN A (campo 1) 20:35: ALEVÍN A - CELTA (campo 1)
Domingo 10 de xuño 9:30: EF LUIS CALVO - ALEVÍN A (campo 1) 11:15: ALEVÍN A - SELECCIÓN COSTA DA MORTE (campo 1)