RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

A Compañía de María, primeiro rival do Benxamín A mañá martes no Trofeo Mini Teresa Herrera

O Benxamín A comeza mañá martes a súa participación na 23ª edición do Mini Teresa Herrera. O seu primeiro rival, nunha eliminatoria previa a partido único, será a Compañía de María, ás 17:30 na Torre.

En caso de superar esta rolda, o seu seguinte rival sairá do vencedor do encontro entre o Victoria e o Ciudad Jardín.

Non será este o único compromiso da semana para o equipo que dirixe Pablo Barros, posto que este sábado 9 e o domingo 10 de xuño, o Benxamín A competirá na 20ª edición do Torneo Cidade de Pontevedra, que se xoga no complexo deportivo da Xunqueira.