RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Michi Apóstol e Venezuela caen ante Paraguai e despídense da Copa América

-Foto:@https://x.com/FemeninoFVF

 

A xogadora do Dépor ABANCA B Michi Apóstol e a súa selección, Venezuela, disputaron a Copa América en Quito (Ecuador).

O último partido da Primera Fase foi ante Paraguai esta pasada madrugada en Galicia.

A canteirá branquiazul saltou ao céspede no minuto 71 en substitución de Deyna Castellanos nun choque condicionado pola expulsión da venezolana Dayana Rodríguez no tempo de desconto da primeira metade.

As paraguaias lograron remontar o tanto inicial da ex deportivista Oriana Altuve e levaron a vitoria por 2-1.

Michi Apóstoo tivo nas súas botas o empate no minuto 89 pero o seu disparo detívoo nunha gran parada a porteira de Paraguai.

Con esta derrota, Venezuela queda apeada do torneo.

No terceiro partido ante Bolivia, a futbolista do Dépor ABANCA B tivo os seus primeiros minutos no torneo e puido participar da goleada por 7-1 ás bolivianas.

A canteirá branquiazul saltou ao céspede no minuto 63 por Ysaura Viso.

Nos dous anteriores encontros, ante Brasil e Colombia, Michi Apóstol seguiu o choque desde o banco.

Os resultados de Venezuela nesta Copa América foron os seguintes:

Luns 14 de xullo
BRASIL 2 - VENEZUELA 0

Xoves 17 de xullo
VENEZUELA 0 - COLOMBIA 0

Sábado 19 de xullo
VENEZUELA 7 - BOLIVIA 1

Venres 25 de xullo
PARAGUAI 2 - VENEZUELA 1

Michi Apóstol terá agora uns días de descanso e incorporarase aos adestramentos co Dépor ABANCA o vindeiro venres 8 de agosto.

 

-Foto:@https://x.com/FemeninoFVF