RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

A DeporTienda abre as súas portas

Esta tarde abriu as súas portas ao público de todo o mundo a Tenda do Deportivo a través de Internet. Este servizo, que se coñecerá co nome de DeporTienda e está accesible desde a dirección www.deportienda.com, complementará os servizos xa ofrecidos polo

A DeporTienda en Internet foi desenvolvida tecnicamente por IRIS, a empresa de novas tecnoloxías do Deportivo da Coruña, en colaboración con Caixa Galicia, no ámbito financeiro e de medios de pagos por Internet, Deportes Cimáns como provedor e subministrador desta tenda e Transportes Azkar como operador loxístico que se encargará de facer chegar os produtos aos compradores en calquera parte do mundo.

A DeporTienda ten un triplo obxectivo, dunha parte responder coa máxima calidade á gran demanda de produtos do Deportivo en todo o mundo, por outra, servir como proxecto experimental e de referencia para as empresas que nel participan, e por último, sentar as bases dunha plataforma de comercio electrónico que poida servir a outras empresas da cidade que necesiten resolver os seus sistemas de venda e distribución a través desta nova canle que é Internet. "Estas empresas poderían aproveitar a imaxe do Deportivo como escaparate para así promocionar produtos galegos de calidade", asegurou Augusto César Lendoiro na presentación.

Inicialmente a DeporTienda incluirá toda a gama de produtos deportivos relacionados co Club e, en posteriores fases, incluiranse o resto de produtos licenciados polo Deportivo e mesmo tamén outro tipo de material e artigos deportivos.

Coa DeporTienda o Deportivo convértese no primeiro Club de fútbol que pon en servizo unha tenda por Internet cunha formulación de servizo independente á súa propia páxina web, e cunha clara filosofía e vocación empresarial, non en balde é o único Club que coñezamos que dispón dunha empresa propia para explotar e maximizar a rendibilidade deste ámbito tan importante das novas tecnoloxías.