RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

A Escola RC Deportivo aterra en Outes

A Casa da Cultura de Serra de Outes acolleu hoxe venres 22 de outubro ás 20:00 horas a presentación da nova Escola RC Deportivo que terá como sede esta localidade grazas á colaboración a tres bandas entre a Fundación RC Deportivo, as Escuelas Luis Calvo e o Outes FC.

Á presentación asistiron Carlos Romero, coordinador do Outes FC; Daniel Rodríguez, concelleiro de deportes de Outes; Enrique Fornís, vicepresidente do Outes FC; David Iglesias, coordinador das Escuelas Luis Calvo, e Pablo Barros, director de actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

Con esta actividade preténdese achegar o Dépor e o sentimento deportivista a toda a comarca da ría de Muros-Noia e reforzar así a captación na zona.

Os adestramentos comezarán o mércores 3 de novembro nas instalacións do campo de fútbol municipal do Conchido e as inscricións xa se atopan abertas na web escola.rcdeportivo.es/gl. A actividade desenvolverase os mércores en dúas quendas dunha hora, de 17:30 a 19:30 horas. Nela poderán participar todos os nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos, independentemente do seu nivel de práctica ou a súa experiencia en fútbol.

A Fundación RC Deportivo pon en marcha, por cuarta temporada consecutiva, esta actividade na que se preparan contidos complementarios ao traballo que os xogadores e xogadoras desenvolven nos seus clubs, aproveitando para profundar no coñecemento e adestramento do fútbol, formándose baixo a supervisión dos adestradores da canteira do RC Deportivo.

Para calquera outra dúbida ou aclaración, pódese contactar coa dirección da Escola RC Deportivo no correo electrónico escola@rcdeportivo.es ou no número de teléfono 981 25 95 00 (Extensión 2).