RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A Fabril gana ao UD Somozas e mantén 2 puntos de vantaxe na cabeza a falta de 2 partidos

O Fabril venceu no Manuel Candocia ao UD Somozas (0-2) en partido correspondente á 28ª xornada, antepenúltima, en Tercera RFEF.

O partido comezou equilibrado, sen achegamentos claros en ningunha das dúas porterías. Os ferrolterráns, na zona media da táboa e sen practicamente nada en xogo e por conseguinte sen presión, tiñan máis posesión do balón mesmo que os fabrilistas.

Pero unha vez máis o pichichi da categoría, Martín Ochoa, abriu o partido cun gol no minuto 41 nun contragolpe que el mesmo protagonizou desde o centro do campo. Foi a única ocasión clara nestes primeiros 45 minutos para o equipo de Óscar Gilsanz.

Tralo paso polos vestiarios, Mella amplía a vantaxe no marcador cun tiro cruzado. Corría o minuto 50.

A partir de aí o Fabril fíxose co control do partido, aínda que o UD Somozas puido acurtar distancias cunha gran ocasión que Aarón Sánchez non materializou.

Con este marcador, o filial deportivista suma 57 puntos á fronte da táboa por 55 do Arosa SC, o único equipo ao que as matemáticas dan opcións para arrebatar o título e o ascenso ao Fabril.

Fabril: Hugo Ríos, Currás, Dani Barcia, Puerto, Iano Simão, Brais Val, Jairo, Nájera, Mella, Diego Gómez e Martín Ochoa. Tamén xogaron: Davo, Barba, Iñaki, Jesús Ares e Fito.

A próxima fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo (Youtube RC Deportivo) ao Racing Villalbés na penúltima xornada. O Arosa SC, pola súa banda, tamén xoga no seu campo, precisamente ante o UD Somozas.

Os resultados do Fabril en liga até a data son os seguintes:

UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1
Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1
CD Estradense 2 - Fabril 2 (Nájera -2-)
Fabril 4 (Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD Arzúa 0
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 0
Fabril 6 (Nájera -2-, Martín Ochoa -3- e Iván) - Viveiro CF 0
Gran Peña FC 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa -2-)
Fabril 3 (Nájera, Diego Gómez e Marc Lachèvre) - Silva SD 2
Atlético Arteixo 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Dani Barcia)
Fabril 3 (Martín Ochoa, Diego Gómez e Iván) - CD Choco 1
UD Ourense 2 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Iano Simão)
Fabril 0 - UD Somozas 1
Racing Villalbés 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Nájera, Iano Simão, Martín Ochoa e Diego Gómez) - CD Barco 1
Fabril 2 (Jesús Ares e Diego Gómez) - UD Paiosaco 0
Alondras CF 1 - Fabril 0
Arosa SC 0 - Fabril 0
Fabril 3 (Martín Ochoa, Dani Barcia e Iván) - CD Estradense 0
CSD Arzúa 0 - Fabril 1 (Martín Ochoa)
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Viveiro CF 1 - Fabril 1 (Martín Ochoa)
Fabril 2 (Martín Ochoa e Iano Simão) - Gran Peña FC 1
Silva SD 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - Atlético Arteixo 0
CD Choco 0 - Fabril 1 (Jesús Ares)
Fabril 1 (Mella) - UD Ourense 1
UD Somozas 0 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Mella)