RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

A Federación Galega anuncia o inicio da liga para os equipos de #ANOSACANTEIRA que non aínda están en competición

A Real Federación Galega de Fútbol anuncia o inicio das diferentes ligas para os equipos de #ANOSACANTEIRA que aínda non están en competición oficial: Cadete A, Cadete B, Infantil A, Infantil B, Alevín A, Alevín B, Benxamín A e Benxamín B.

Segundo apunta o ente autonómico, o regreso aos terreos de xogo será "graduado, con moito sentidiño e cumprindo escrupulosamente todas as normativas sanitarias".

As datas que barallan os responsables federativos, a condición de que o permita a situación sanitaria, son as seguintes:

- División de Honra cadete, Liga Galega cadete e Liga Galega infantil: entre o 24 de xaneiro e a primeira semana de febreiro

- Primeira Autonómica infantil: segunda quincena de febreiro

- Competicións de fútbol 8, nas que participan os dous equipos alevíns e os dous benxamíns do Dépor: finais de febreiro

Os futbolistas de #ANOSACANTEIRA do Cadete A ao Benxamín B non terán que pasar test serológicos, antíxenos ou similares; pero por contra si será necesario o uso de máscara para os adestramentos e a competición.

A pesar de que non hai aínda competición, todos os equipos do fútbol base do Dépor realizan varias sesións de adestramento semanais na Cidade Deportiva de Abegondo desde o pasado agosto, mes no que arrancou a súa pretemporada por exemplo o Cadete A.