RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

A Federación permite finalmente ao Orzán SD Cadete Feminino xogar a Segunda División Galega ademais da Liga Galega Cadete

A Federación Galega admitiu finalmente ao Orzán SD Cadete Feminino na Segunda División Galega, competición que arrancou a semana pasada.

O ente federativo permite ao equipo orzanista participar tamén na Liga Galega Cadete, que se iniciou a pasada semana con triunfo ante o Umia CF (2-0).

O Orzán SD Cadete, actual campión de liga, quedou encadrado no grupo 1º de Segunda Galega Feminina, con estes rivais iniciais: EF Amistade Meirás, SDCR Narón O Freixo, SD O Val B, SD Libunca, CCRD Perlío, SD Silva, Torre SD, Eirís SD, Sporting Burgo e SDC Pastoriza B.

O formato desta parte inicial da temporada será de liga a dobre volta, cun total de 22 xornadas. Os catro primeiros clasificados pelexarán polo ascenso de categoría, que será en formato eliminatoria cos catro equipos clasificados dos cinco grupos restantes.

Os conxuntos que acaben na primeira fase entre o quinto e o noveno disputarán a Copa de Consolación, tamén por eliminatoria; do mesmo xeito que os dous mellores décimos dos seis grupos.

O primeiro partido desta fase inicial para o Orzán SD Cadete Feminino foi a pasada fin de semana no campo do Sporting Burgo e xogarase nunha nova data por determinar. Este domingo 31 de outubro, as orzanistas reciben ao CCRD Perlío na Torre (16:00 horas), con motivo da segunda xornada.

O calendario do equipo orzanista en liga é o seguinte:

Xornada 1 (24/10/2021) Xornada 12 (23/01/2022)
Sporting Burgo Orzán SD Cadete Feminino
Xornada 2 (31/10/2021) Xornada 13 (30/01/2022)
Orzán SD Cadete Feminino CCRD Perlío
Xornada 3 (07/11/2021) Xornada 14 (06/02/2022)
SDCyR Narón O Freixo Orzán SD Cadete Feminino
Xornada 4 (14/11/2021) Xornada 15 (13/02/2022)
Orzán SD Cadete Feminino SD O Val B
Xornada 5 (21/11/2021) Xornada 16 (20/02/2022)
Descanso Descanso
Xornada 6 (28/11/2021) Xornada 17 (06/03/2022)
Silva SD A Orzán SD Cadete Feminino
Xornada 7 (05/12/2021) Xornada 18 (13/03/2022)
Orzán SD Cadete Feminino Torre SD
Xornada 8 (12/12/2021) Xornada 19 (20/03/2022)
Eirís SD Orzán SD Cadete Feminino
Xornada 9 (19/12/2021) Xornada 20 (27/03/2022)
Orzán SD Cadete Feminino Escuela FB Amistade Meirás
Xornada 10 (09/01/2022) Xornada 21 (03/04/2022)
SCD Pastoriza B Orzán SD Cadete Feminino
Xornada 11 (16/01/2022) Xornada 22 (10/04/2022)
Orzán SD Cadete Feminino Libunca SD