RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A Fundación Clínica Pardiñas colabora co RC Deportivo

  A Fundación Clínica Pardiñas fixo entrega esta tarde ao RC Deportivo dos kits "Save A Tooth" necesarios para que nos botiquines de todas as instalacións deportivas do Club e nos que portan os responsables de cada

A Fundación Clínica Pardiñas está a realizar unha campaña de prevención bucal en todos os centros deportivos, colexios e hospitais da Coruña e provincia entregando máis de 200 destes kits. "Save A Tooth" é un dispositivo de emerxencia para preservar os dentes caídos por accidente que ata agora só existía nos EEUU e a Clínica Pardiñas importouno por primeira vez en España. Na práctica do deporte son frecuentes este tipo de contratempos e co dispositivo "Save A Tooth" conséguese conservar o dente durante 24 horas aumentado un 90% as posibilidades de éxito e permitindo durante esa marxe a reimplantación.