RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A goleada do Fabril en Viveiro e outros resultados meten ao filial entre os seis primeiros

- Foto: @viveirocf2015 -

O Fabril goleou esta tarde ao Viveiro CF en Cantarrana (1-4) no último partido do subgrupo A de Terceira División. Javi Sánchez -2-, Barba e Adri Castro foron os anotadores branquiazuis nun partido dominado polo equipo que prepara Juan Carlos Valerón.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, Guille Bueno, Yuste, Juan Rodríguez, Barba, Sanmartín, Javi Sánchez, Sarmiento, Yeremay e Adri Castro. Tamén xogaron: Kanouté, Boedo, Guedes, Pescador e David Suárez.

Este resultado, unido ás vitorias do Polvorín FC ante o CSD Arzúa e do Racing Villalbés fronte ao Silva SD mete ao filial entre os seis primeiros. O Fabril acaba quinto con 32 puntos, por detrás do Racing Villalbés, cuarto con 40; e por diante do Silva SD, sexto con 30 puntos.

Na segunda fase, coa permanencia xa asegurada, o Fabril pelexará co cuarto, quinto e sexto do subgrupo B, Estradense, CD Choco e Rápido de Bouzas, por dúas prazas que darían acceso ao playoff de ascenso. Estes tres conxuntos entran nesta fase con 31 puntos.

Os resultados do Fabril foron os seguintes:

UD Somozas 0 - Fabril 0
Fabril 5 (Rayco, Manu Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez) - UD Paiosaco H. Añón 0
Silva SD 1 - Fabril 1 (Iván Guerrero)
Fabril 0 - CSD Arzúa 1
Racing Villalbés 3 - Fabril 3 (Rayco, Villares e Juan Cambón)
Fabril 2 (Villares e Boedo) - CD As Pontes 0
Bergantiños FC 2 - Fabril 1 (Boedo)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - Polvorín FC 4
Fabril 3 (Adri Castro, Barba e Yuste) - Agrupación Estudantil 1
SD Fisterra 1 - Fabril 2 (Adri Castro e Javi Sánchez)
Fabril 3 (Adri Castro e Rayco -2-) - Viveiro CF 0
Fabril 2 (Javi Sánchez e Boedo) - UD Somozas 0
UD Paiosaco H. Añón 2 - Fabril 1 (Barba)
Fabril 0 - Silva SD 0
CSD Arzúa 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Adri Castro, Javi Sánchez e Boedo) - Racing Villalbés 0
CD As Pontes 3 - Fabril 2 (Barba e Guille Bueno)
Fabril 1 (Boedo) - Bergantiños CF 2
Polvorín FC 3 - Fabril 1 (Jairo)
Agrupación Estudantil 2 - Fabril 6 (Adri Castro -3-, Pescador, Juan Cambón e un futbolista rival en propia meta)
Fabril 0 - SD Fisterra 0
Viveiro CF 1 - Fabril 4 (Javi Sánchez -2-, Barba e Adri Castro)