RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A mala fortuna e a férrea defensa do Hércules frean ao Deportivo

var ivPlayer529490 = new IVPlayer("350", "197",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer529490.playVideo('player529490', 'lfp11-12_j3_deportivo0-hercules1_04-09-

O primeiro tempo foi máis igualado, cos alacantinos ben plantados en defensa, pechando ben os espazos ao Dépor. A ocasión máis clara foi para Salomao, que xutou ben desde a frontal e Falcón despexou o balón con apuros. Do portugués foi un novo disparo que se foi pegado ao pau dereito da meta do Hércules.
 
Abel Aguilar logrou no minuto 42 o tanto que ía marcar o desenvolvemento do partido. Aproveitou unha indecisión en defensa para, colocado no segundo pau, cruzar o balón lonxe do alcance de Aranzubía.
 
No descanso, Oltra atopouse co problema do adverso marcador e da lesión de Manuel Pablo. O técnico deportivista decidiu ir a por o partido e relevou ao canario por Lassad. O Dépor xogou toda a segunda parte con tres defensas: Ze Castro, Aythami e Ayoze. O sistema funcionou porque o Hércules tivo que acantoarse na súa área e xa non volveu achegarse á meta de Aranzubía.
 
No outra área, Xisco puido igualar nun par de remates, un deles que repeleu Falcón co seu corpo. Ze Castro, que tivo moita participación en centros, estivo a piques de anotar, pero o seu balón á área, envelenado ao golpear nun defensa, foise ao pau, con Falcón xa batido.
 
Ao final, e cun par de agarrones na área do Hércules que o colexiado non quixo ver, derrota deportivista. Toca pensar na Copa, este mércores ante o Xirona, a partido único, tamén en Riazor.
 
Deportivo:
Aranzubia; Manuel Pablo (Lassad, m. 46), Zé Castro, Aythami, Ayoze; Jesús Vázquez, Alex Bergantiños; Pablo Alvarez (Saúl, m. 72), Valerón, Salomao; e Riki (Xisco, m. 23).
 
Hércules: Falcón; Juanra, Samuel, Moura, Pena; Rivas, Abel Aguilar; Felipe (Escassi, m. 76), Tiago, Canellón (Carlos Calvo, m. 58); e Míchel (Arbilla, m. 58).
 
Goles: 0-1, m. 42: Abel Aguilar.
 
Árbitro: Mariscal Sánchez, do colexio andaluz. Mostrou amarela a Salomao e Aythami, por parte do Deportivo.