RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A Praia Club seguirá coa Estrela Michelín no 2007

A Praia Club será un dos dous restaurantes da Coruña que luzan no ano 2007 a Estrela Michelín, unha das grandes distincións gastronómicas españolas.

Desta forma, o complexo hostaleiro, pertencente ao Real Club Deportivo, convértese nun centro de lecer de referencia en Galicia, unido tamén á Discoteca, Cafetaría temática coa exposición dos trofeos oficiais logrados polo Club e Salón de Banquetes.
A maiores, o Deportivo acomete xa as obras de ampliación da zona de Vos Arcados (nivel inferior na Praia de Riazor), unha zona emblemática da Coruña e que acollerá máis locais de lecer.