RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Jairo Noriega, cedido ao Racing de Ferrol

Jairo Noriega xogará cedido no Racing de Ferrol de Primera Federación a próxima temporada 2025-26.

O canteirán regresou este pasado mes de xuño ao RC Deportivo e asinou un contrato até 2028 con opción a unha temporada máis após o seu exitoso paso polo Ourense CF tamén en Primera Federación, onde xogou a campaña pasada 29 partidos, marcou 2 goles e deu 3 asistencias; ademais de disputar 4 partidos en Copa del Rey, con 2 goles e 1 asistencia.

O Club quere desexarlle ao centrocampista coruñés moita sorte nesta nova etapa na súa carreira profesional.