RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

A primeira muller estadounidense en dar a volta ao mundo a vela sen escalas leva o deportivismo por bandeira

Cole Brauer converteuse esta mañá, após chegar ao porto da Coruña, na primeira muller estadounidense en completar a volta ao mundo a vela en solitario e sen escalas.

A regatista norteamericana presenciou desde un Palco VIP de ABANCA-RIAZOR o encontro entre o Dépor e o RC Celta Fortuna o pasado 8 de outubro. Así mesmo, durante a súa travesía utilizou diferente material deportivo con distintivos do Dépor.

Un dos motivos principais deste reto é dar visibilidade ao papel que desempeña a muller no mundo do deporte e da vela en particular. Brauer colabora con dúas fundacións que loitan contra o acoso e abuso sexual no mundo do deporte.

A transcendencia da fazaña desta norteamericana e deportivista reflíctese en que publicacións tan importantes como o diario The New York Times e a revista People dedicáronlle espazo nas súas edicións impresas e web. Ademais, a súa conta de Instagram @colebraueroceanracing incrementou o seu número de seguidores de 20.000 a 460.000 nestes seis meses.

Brauer partiu do porto herculino o pasado 29 de outubro e regresou hoxe despois de catro meses e unha semana de travesía. O RC Deportivo recibiuna na dársena coruñesa e entregoulle unha camiseta co seu nome para celebrar a conclusión dos seus 130 días de navegación en solitario e sen escalas para dar a volta ao mundo.