RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O gala 'Sponsor Day 2024-25' en ABANCA-RIAZOR puxo o broche final de temporada a patrocinadores e colaboradores do RC Deportivo

O estadio ABANCA-RIAZOR acolleu o gala 'Sponsor Day 2024-25' como broche final de temporada para os patrocinadores e colaboradores do Club. 

Participaron máis de 30 empresas nun acto que arrincou coa intervención do Conselleiro Delegado, Massimo Adalberto Benassi, quen destacou que "o apoio de todas as empresas patrocinadoras e colaboradoras foi e é fundamental para o noso Club. Non só no económico, senón tamén no humano, no emocional e no simbólico. Sodes parte activa desta familia branquiazul, sodes equipo".

Patrocinadores e colaboradores puideron coñecer máis de preto o proxecto de #ANOSACANTEIRA grazas á intervención de Ismael Arilla, Director de Fútbol Formativo do Club, quen destacou todo o investimento e o traballo que se está facendo coas categorías formativas.

Así mesmo, Santiago Vazquez, Responsable Comercial e Irene Díaz, Responsable de Activación de Patrocinios, presentaron o proxecto do RC Deportivo Business Club iniciado esta temporada, e as novidades de cara á próxima, destacando a importancia de crear unha rede empresarial forte e consolidada referente na Coruña.

A continuación, uns galardóns distinguiron as boas prácticas dalgúns dos patrocinadores ao longo da temporada.

Así, o premio á 'Fichaxe da temporada 2024-25' foi para FEIRACO, patrocinador representativo no pasado que volveu esta temporada con presenza no equipamento. 

Algúns outros galardoados foron empresas como Auga de Parada, Proel Ascensores, Grupo Breogán e ABANCA, entre outros.

A gala culminou cun cóctel, repartición de agasallos e sorpresas para todos os invitados, entre os que se atopaban os Conselleiros do RC Deportivo Carlos Ballesta e Vicente Fernández.