RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A selección absoluta e a sub-21 de Portugal preconvocan a Hélder Postiga e Cavaleiro

- Foto: Susi García - A selección absoluta de Portugal preconvocó ao deportivista Hélder Postiga para dous encontros o mes de novembro: no Estadio do Algarve de Portugal ante Armenia (venres 14 á 19.45 hora local), clasific

A convocatoria definitiva será oficial o vindeiro venres 7 de novembro. En caso de ser convocado, Hélder terá que incorporarse á concentración o luns 10 de novembro.

Pola súa banda, Iván Cavaleiro tamén foi preconvocado para dous partidos amigables da Selección Sub-21, clasificada recentemente para a fase final do Campionato de Europa da categoría. Son ante Inglaterra o xoves 13 de novembro no estadio do Burnley; e un amigable de adestramento en Rio Maior (Portugal), o martes 18 de novembro.

O venres 7 de novembro farase pública a lista definitiva. En caso de ser citado, Cavaleiro terá que presentarse en Rio Maior o luns 10 de novembro.

Medunjanin, citado por Bosnia para un partido en Israel
O deportivista Haris Medunjanin foi citado pola súa Selección, Bosnia Herzegovina, para o partido no estadio "Sammy Ofer" de Haifa ante Israel (21.45, hora local), o domingo 16 de novembro, clasificatorio para o Campionato de Europa 2016.
Medunjanin terá que incorporarse á concentración en Zenica o martes 11 de novembro, tras o encontro que o Deportivo dispute en Córdoba, previsto para o 7 de novembro ás 20.45 no Arcanxo.