RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Lãberit e o RC Deportivo amplían a súa colaboración até 2026

A tecnolóxica duacode, agora parte do grupo Lãberit, partner tecnolóxico do RC Deportivo, renova o seu compromiso co Club unha temporada máis, até xuño de 2026.

A marca segue presente no dorsal das camisetas de xogo do Dépor ABANCA e do Dépor Genuine, apoiando así á RC Deportivo Fundación e o equipo feminino.

O 'Boost your Performance' de Lãberit volverá estar presente unha temporada máis en ABANCA-RIAZOR, tanto en LED UTV, como con 'ad nets' nas porterías do equipo feminino, entre outros activos publicitarios. 

A compañía tecnolóxica renovou o seu acordo consolidando unha relación que alcanzará as catro temporadas consecutivas de colaboración.

Desde a súa chegada ao Dépor, Lãberit ampliou o investimento inicial realizada por duacode, apostando firmemente polo proxecto deportivo e social do club, compartindo valores como a innovación, o traballo en equipo e o compromiso co crecemento sustentable. 

Esta renovación, á que asistiron Massimo Benassi, CEO do RC Deportivo, e Álvaro Enríquez, Director Territorial Norte de Lãberit, reforza a confianza mutua e a vontade de ambas as entidades de seguir desenvolvendo iniciativas conxuntas nos próximos anos, co obxectivo de seguir sumando éxitos dentro e fóra do terreo de xogo.