A sexta edición do DéporCampus Cabreiroá de Boiro terá lugar do 10 ao 14 de xullo
O concello de Boiro acolleu o mércores 7 de xuño a presentación do DéporCampus Cabreiroá que terá lugar a semana do 10 ao 14 de xullo no campo de Valiño. Será a sexta edición consecutiva dun dos DéporCampus Cabreiroá máis antigos que organiza a Fundación RC Deportivo.
Á presentación asistiron Jose Ramón Romero, alcalde de Boiro; Dores Torrado, concelleira de deportes de Boiro; Julio García, directivo das EFM Boiro; Juanvi Cameán, coordinador das EFM Boiro, e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo
A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas.
Para calquera dúbida ou consulta acerca das súas inscricións, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.