A situación é lamentable e A Coruña ten que tomar conciencia diso
Augusto César Lendoiro puido ver onte, por fin, as contas do Deportivo, acompañado polos directivos do club ademais da xerente Berta Vales, e do contable, Carlos Santos. Foron tres longas horas.
As súas primeiras palabras ao saír e atoparse con parte dos medios de comunicación non puideron ser máis desalentadoras: "o máis suave que encontro para definilo é que o club está nunha situación penosísima, lamentable, que ten que coñecer toda Coruña e definirse se quere ou non contar cun equipo da soleira do Deportivo"...
"Agora, xa tan metido en campaña, non podería volverme atrás, por suposto que seguirei estudando o tema e todos os aspectos en profundidade, para levalos se teño oportunidade ante os socios do club e de toda a cidade".
...A grandes males, o precandidato Augusto César, parece disposto a aplicar grandes remedios. Disto sabe el moito, como xa o demostrou e vén demostrando á fronte do Liceo Caixa Galicia e noutras ordes da vida nos que está implicado, que non son só políticos, como alguén parece querer colgarlle...