RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A totalidade do persoal deportivista está dispoñible para o partido do domingo

O partido ante o Burgos xa está na mente de todos nunha xornada na que aínda dura o desgusto pola derrota ante o Huelva.

En Burgos xa preparan a viaxe á Coruña con saída o venres

Aínda que o máis cordo fose lavar a roupa sucia na propia casa, parece que os agoreiros están empeñados no contrario, mesmo desde o seo da propia xunta directiva do Club, e no canto de arroupar ao equipo lánzanse frases como a de que o equipo carece dun patrón de xogo definido.

...agora o obxectivo é gañar ao Burgos. Arsenio Igrexas e os seus raparigos, despois do descanso de onte, volven á actividade con esa sesión física forte que ten preparada José Ángel Franganillo, do mesmo xeito que todos os mércores, que debe complementarse con outros movementos técnicos e táctivso que permitan ao de Arteijo ir perfilando o once a opor ao Burgos de Naya...