Simpáticas foran as últimas horas antes de que se sustanciase a firma do convenio entre Leyma e o Real Club Deportivo para converter á firma leiteira en patrocinador branquiazul. Aconteceu que, cando se soubo que Leyma sería o patrocinador do equipo coruñ
TODOS Os EQUIPOS DO DEPORTIVO LUCIRÁN O LOGOTIPO DE LEYMA
-Apareceron máis sponsors.
(...) Cando se soubo que Leyma sería o patrocinador do equipo coruñés, numerosas chamadas telefónicas recibíronse no club, interesados na presunta patrocinación co club, mesmo, mellorando a oferta da firma láctea.
Sobre este punto Augusto César Lendoiro dixo que ?nós xa adquiriramos o compromiso formal con Leyma, polo que era imposible a negociación con outras firmas, por cuestións xa de ética. Quero aclarar este punto, xa que a única empresa que estivo interesada desde o principio só foi Leyma.
O presidente branquiazul anunciou que o domingo a entidade porá en circulación un xornal informativo dirixido aos socios e afeccionados, con informacións sobre as actividades do club branquiazul e do Liceo, para dar a coñecer desta forma proxectos e realizacións.
Tamén anunciou que se están axilizando os trámites regulamentarios para a convocatoria dunha asemblea do club, na o que se porá a aprobación a nova camiseta que luza o Deportivo que levarán máis anchas as raias branquiazuis e será moito máis moderna.