RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA

Á venda as entradas de público para o Dépor-Celta Fortuna

Para o partido do próximo domingo 8 de outubro ás 19:00 h. contra o RC Celta Fortuna ponse entradas a disposición da afección que queira acudir ao Estadio ABANCA-RIAZOR. As socias e os socios do RC Deportivo poden acceder directamente co seu carné en formato físico ou dixital, este último a través da APP RC Deportivo: https://rcdeportivo.es/app.

Os prezos das entradas para o público oscilan entre os 100 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 20 de Marathón Superior (esgotadas Pavillón Superior, Pavillón Inferior, Preferencia Inferior, Marathón Inferior e Área 1906). Tamén se pode consultar a posibilidade de alugar un Palco VIP a través de areasvip@rcdeportivo.es.

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es ou na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) no seu horario habitual, de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00. O horario de Despachos de billetes do Palacio dos Deportes o día do partido comunicarase proximamente.

A partir desta xornada, activarase a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR. Nos próximos días o Club comunicará os pasos para seguir para que os abonados poidan ceder a súa localidade.