Xa están á venda as entradas para o partido do domingo 8 de febreiro ás 16:15 fronte ao Albacete Balompié en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 25ª xornada en LaLiga Hypermotion.
Pódense adquirir en calquera momento a través de ticketing.rcdeportivo.es e na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) na Avenida da Habana s/n, con este horario: de luns a xoves de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e o venres 6 de febreiro de 9:15 a 14:30.
Os prezos das localidades serán a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.
Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.
Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.
