RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Á venda as entradas para o Dépor-Leganés, con descontos para socios e/ou accionistas

As entradas para o encontro da 15ª xornada de LaLiga Santander no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e o Leganés xa están á venda.

O partido disputarase na tarde do sábado 9 de decembro, a partir das 18:30 horas, un horario perfecto para acudir en familia a presenciar en vivo un encontro de gran importancia ante outro equipo que tamén loita por afianzarse en LaLiga Santander.

Os prezos das entradas de público oscilan entre os 40 euros da Tribuna Superior e os 20 euros de Pavillón Superior.

Para este partido, socios e/ou accionistas poderán adquirir entradas de acompañante (até un máximo de 4) de todas as localidades, cuns prezos reducidos de 20 e 15 euros.

Como é habitual, tamén hai dispoñibilidade de localidades VIP na Área 1906. Para máis información respecto diso, contactar en atencion.deportivista@rcdeportivo.es.

Para adquirir as localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se atopa aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí

Prezos das entradas de público e os billetes para socios e/ou accionistas para o Dépor-Leganés (sábado 9 de decembro, 18:30 horas):