RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Á venda as últimas entradas de acompañante para o partido ante o Athletic

Mañana luns saen á venda as últimas entradas de acompañante do socio, pouco mais dun centenar, para o partido ante o Athletic Club en Riazor, da trigesimosegunda xornada, o domingo 21 de abril ás 17.00 horas. Os prezos das entradas

Tribuna Superior: 62 euros. Sub-25: 26 euros
Tribuna Inferior: 57 euros. Sub-25: 26 euros
Tribuna Dianteira: 52 euros. Sub-25: 26 euros
Preferencia Superior: 47 euros. Sub-25: 23 euros
Preferencia Superior Lateral: 38 euros (só afeccionados do Athletic Club)
Maratón Superior: 41 euros. Sub-25: 21 euros
Pavillón Superior: 31 euros. Sub-25: 16 euros
Preferencia Inferior: 26 euros. Sub-25: 12,50 euros
Preferencia Inferior Lateral: 26 euros
Maratón Inferior: 26 euros
Pavillón Inferior: 19 euros. Sub-25: 10,50 euros

A maiores, os socios deportivistas teñen acceso libre aos partidos de Copa do Rei e Liga*, pero ademais, cada un dos socios deportivistas tamén pode retirar DÚAS entradas como máximo (da súa localidade se houber ou, en caso contrario, doutra similar) para o encontro ante o Atlético de Madrid, da trigesimocuarta xornada, en día e hora por fixar; e para o do Espanyol, da trigesimosexta xornada, tamén en horario por determinar.

Cada par de entradas custará a cantidade de 15 euros, polo que o socio pagará pola entrada dobre (unha para o Atlético e outra para o Espanyol) a suma de 15 euros se retira unha para cada encontro ou de 30 euros se retira dous para cada encontro. En ningún caso permitirase retirar entradas para un só dos partidos citados.

Os prezos das entradas de público para estes dous partidos son os seguintes:
 
Tribuna Superior: 62 euros. Sub-25: 26 euros
Tribuna Inferior: 57 euros. Sub-25: 26 euros
Tribuna Dianteira: 52 euros. Sub-25: 26 euros
Preferencia Superior: 47 euros. Sub-25: 23 euros
Preferencia Superior Lateral: 36 euros
Maratón Superior: 41 euros. Sub-25: 21 euros
Pavillón Superior: 31 euros. Sub-25: 16 euros
Preferencia Inferior: 26 euros. Sub-25: 12,50 euros
Preferencia Inferior Lateral: 26 euros
Maratón Inferior: 26 euros
Pavillón Inferior: 19 euros. Sub-25: 10,50 euros
 
*Excepto os que teñan que pagar nos encontros designados como  "Días do Club"

O horario da Oficina de Atención ao Socio e Accionista é, de luns a venres, de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.30 horas.