RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Á venda na OAD desde este martes para os abonados as entradas para o CD Tenerife - Deportivo

Desde mañá martes 21 de xaneiro están á venda na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) do Estadio de ABANCA-RIAZOR na Avenida da Habana s/n as entradas para os abonados que desexen animar ao Deportivo o vindeiro mércores 29 de xaneiro ás 21:00 (hora galega, 20:00 hora local) no Heliodoro Rodríguez López ante o CD Tenerife.

Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas (até 2 por abono) indique nome e apelidos; DNI, copia ou imaxe, de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono; e un correo electrónico para o que o CD Tenerife envíe as entradas.

O club canario asignou un total de 300 localidades na bancada visitante ao prezo de 20 euros. O 40% das mesmas, un total de 120, serán xestionadas pola Federación de Peñas.

A data límite será o xoves 23 de xaneiro ás 13:30. O horario da OAD é de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.