Á venda na OAD desde hoxe luns para os abonados e abonadas as entradas para o CD Castellón - Deportivo
Desde hoxe luns 10 de marzo están á venda na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) do Estadio de ABANCA-RIAZOR na Avenida da Habana s/n as entradas para os abonados que desexen animar ao Deportivo o vindeiro luns 17 de marzo ás 20:30 no Estadio de Castalia ante o CD Castellón.
Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas (até 2 por abono) indique nome e apelidos; DNI, copia ou imaxe, de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono; e un correo electrónico para o que o CD Castellón envíe as entradas.
O club castellonenco asignou un total de 550 localidades na bancada visitante ao prezo de 20 euros. O 40% das mesmas, un total de 220, serán xestionadas pola Federación de Peñas.
A data límite será o mércores 12 de marzo ás 19:00. O horario da OAD é de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.