RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Abdoulaye Ba, Juan Rodríguez e Alberto estréanse na lista de 23 convocados do Dépor

Ao finalizar o adestramento de hoxe sábado en Abegondo, Fernando Vázquez fixo pública a primeira lista de 23 xogadores de cara ao reinicio da liga, mañá domingo 14 de xuño en ABANCA-RIAZOR ante o Sporting de Gijón (17:00 horas, GOL). O choque corresponde á 32ª xornada en LaLiga SmartBank.

Estréanse na convocatoria Abdoulaye Ba, incorporado xusto a semana previa a parar a competición pola pandemia; e os canteiráns Juan Rodríguez e o meta Alberto, que substitúe a Jovanović, con molestias nun cóbado.

Ademais do porteiro serbio, Aketxe, Valín e Hugo Vallejo, que xa realizou tarefas co grupo esta mañá, causan baixa por lesión. Tamén cae Mollejo, este por sanción.

Na sesión matinal, despois dun quecemento e uns rondos, Fernando Vázquez dispuxo dunha tarefa de posesión e, para concluír, realizou un último repaso de aspectos tácticos nun partido no campo 2 da Cidade Deportiva.

Após o choque ante o Sporting de Gijón en ABANCA-RIAZOR, o cadro regresa ao traballo o luns 15 de xuño ás 11:00 en Abegondo.