RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Aberta a inscrición para o Torneo RC Deportivo · Liga BBVA do próximo 17 de maio

  O Real Club Deportivo quere convidar a todos os equipos Pre Benjamines e Benjamines de Galicia a participar na XIII Edición do Torneo do Real Club Deportivo · Liga BBVA que tendrá lugar, nas instalacións da Cidade Depor

Por segundo ano consecutivo o Torneo disputarase nas categorías Pre-Benjamin e Benjamin e cada club convidado poderá inscribir a tantos equipos como estime oportuno en cada categoría e, xa que os encontros que se van a disputar serán de Fútbol-8, os clubs poderán inscribir a un total de 15 xogadores por equipo. 
 
Ademais, como o pasado ano, tamén se porá en servizo unha área de lecer e restauración para que se poida gozar de toda a xornada festiva en familia.
 
Os clubs teñen de prazo para inscribirse ata o 24 de abril e poden facelo a través da seguinte dirección de correo electrónico: trofeorcd@canaldeportivo.com
 
O Dépor quere organizar, un ano máis, a gran festa do fútbol na comunidade, nunha data tan sinalada como o día das Letras Galegas, na que esperamos que nos poida acompañar o maior número de participantes posibles.