Abertos desde as 15:30 deste sábado os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor
Este sábado 25 de xaneiro, día do partido entre o Dépor e o Levante UD de LaLiga Hypermotion (18:30 horas) abrirán desde as 15:30 os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor.
Están á venda as entradas de público, cuxos prezos oscilan entre os 135 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 25 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pabellón Superior e Pabellón Inferior.
As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es.
Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos, en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR, nesta ligazón.