RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Adestramento como unha seda no paseo marítimo da Coruña

  Nesta semana sen fútbol na liga BBVA, o primeiro persoal do Deportivo cambió onte venres, nunha mañana asollada e calorosa, o balón polas bicicletas, grazas á colaboración de Trek Bicycle Store da Coruñ

Ás 11.45, futbolistas, técnicos e auxiliares, acompañados polo ciclista profesional Gonzalo Rabuñal, realizaron a saída neutralizada na banda do Estadio de Riazor, en dirección ao Portiño.

Laure, Juanfran, Manuel Pablo, Manu Sotelo, Nacho Oria ou Adolfo tomaron pronto a cabeza de carreira e colleron algún minutillo de vantaxe á altura do Milenium. Sidnei, Lux ou Luisinho, entre outros, optaron pola velocidade de paseo. Unha vez alcanzado o Portiño, o pelotón reagrupado puxo rumbo á Torre de Hércules, sempre polo paseo coruñés. A medio camiño, ao pé do Hotel Meliá María Pita, estaba instalado un posto de avituallamento de auga, froita e bebidas isotónicas.
 
 
Coa imaxe da Torre de Hércules ás costas, todo o equipo fíxose unha foto de familia, ante as cámaras de medios de comunicación e turistas que nese momento visitaban o estandarte da cidade.
 
 
 
 
Hoxe sábado, o equipo adéstrase ás 10.00 de novo sobre o céspede de Abegondo.