RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Adestramento do primeiro equipo xa coa mente no partido do Levante

O Deportivo éntrenseó esta mañana en Abegondo con todos os sentidos postos xa no partido do Levante, deste sábado 19 de marzo en Riazor (20.30 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol).

Víctor dispuxo dun partido once para once no campo 3 da cidade deportiva. Os fabrilistas Jorge, Santi Taboada e Blas completaron ao primeiro equipo. A mañá arrincou cun traballo físico preventivo dirixido polos preparados físicos Nacho Oria e José Ángel Franganillo; e uns rondos no campo 2.

Lopo, con molestias nun nocello, e Arribas, cunha contusión na coxa, retiráronse antes ao vestiario. Adestráronse á marxe Fabricio e Sidnei (co readaptador Pablo López); e Manuel Pablo (cos fisioterapeutas Adán Carbó e Adolfo Mateo). Pletikosa non traballou por mor dunhas molestias no xeonllo dereito, pendente de avaliación médica.
 


Ao finalizar o traballo, futbolistas, técnicos, auxiliares e empregados da cidade deportiva gozaron dun asado, preparado como é habitual por Germán Lux.

Mañá xoves, o persoal está citada ás 10.30 en Abegondo.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variacións por razóns técnicas, é a seguinte:

Xoves 17 de marzo
10.30: Adestramento en Abegondo

Venres 18 de marzo
10.30: Adestramento en Riazor, a porta pechada

Sábado 19 de marzo
11.30: Adestramento en Riazor, a porta pechada